BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 19 de diciembre de 2019

BO NADAL E FELICES FESTAS



Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2020.

Boas festas!

PDC.1ª SAN SILVESTRE SOLIDARIA DA CRISTINA

Aínda que as condicións metereolóxicas non nos acompañaron e tivemos que cambiar o espazo previsto  inicialmente,  hoxe celebramos no ximnasio a 1ª Carreira Solidaria da Cristina, no que o importante foi a solidariedade amosada pola comunidade educativa do noso centro, aportanto unha cantidade moi importante de alimentos e material de aseo, etc...para Cáritas parroquial de Carballo.

Grazas pola vosa colaboración!