Un dos obxectivos do departamento de educación física do centro, é que os nosos alumn@s coñezan os clubes deportivos que hai na nosa localidade, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos.
Desde hai catro anos, o noso centro colabora coas entidades deportivas que hai na nosa vila, facilitando que os técnicos dos clubes visiten o noso colexio para facer unha presentación do seu deporte, explicar o funcionamento do seu club, creando así un vínculo importante entre o centro escolar e os diferentes clubes da localidade.
Por todo isto, durante esta semana e a próxima, os adestradores do Balonmán Xiria, impartirán unhas sesións de iniciación ao balonmán dirixidas aos alumn@s de 1º,2º e 3º de Educación Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario