BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 27 de enero de 2012

XIMNASIA DEPORTIVA: " O ACROSPORT"


O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:
  1. Formación de figuras ou pirámides corporais.
  2.  Habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  3. Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.

Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, onde existe a presenza de compañeir@s que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.


Espectacularidade, vistosidade, dinamismo, forza e unha facilidade aparente son notas que definen o ACROSPORT, unha disciplina deportiva cuxos orixes remontar moi lonxe na historia da humanidade, como mostran as figuras acrobáticas representadas nos frescos exipcios.


ACROSPORT provén do grego "acrobateo" que significa rubir ou escalar encima de alguén. Require forza, equilibrio, flexibilidade, precisión e control do corpo. Por iso esta disciplina inclúese nos programas de adestramento de pilotos de aviación, astronautas e paracaidistas.


O ACROSPORT practícase por parellas, que poden ser mixtas, por tríos femininos ou por cuartetos masculinos.

EXEMPLOS DE ACROSPORT NA ESCOLA




No hay comentarios:

Publicar un comentario