BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 11 de enero de 2012

XA HAI DATAS PARA AS VINDEIRAS PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS

A Federación Galega de Atletismo publicou as datas nas que se celebrarán as seguintes fases do Campo a través escolar:

A Fase Intercomarcal celebrarase o vindeiro 21 de Xaneiro na Coruña.

O Campeonato Provincial terá lugar o 11 de Febreiro na Pobra do Caramiñal.

Por último, o Campeonato Galego, celebrarase o 25 de Febreiro na cidade de Vigo.

@s atletas do noso colexio que se clasificaron para a Fase Intercomarcal(35 en total), retomaron esta semana os adestramentos ,co obxectivo de chegar o mellor preparados á proba que se celebrará na Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario