BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

viernes, 13 de diciembre de 2013

INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS


O vindeiro 17 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través,na cal, participarán os alumn@s do noso centro.

Á volta das vacacións de Nadal colgarei no blog, toda a información relativa a esta proba.

Polo tanto xa sabedes, non abusedes do turrón, e aproveitade as vacacións para non perder a forma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario