BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 20 de junio de 2012

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º CURSO. ATA SEMPRE!

O venres despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove anos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. Aquí comprendestes o verdadeiro significado da amizade, da unión, da solidariedade, da alegría, da confianza e outras cousas máis.

Aínda non se borra da miña memoria aquel primeiro día de clase convosco. Era un día de setembro do ano 2009, cada un cos seus sonos baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando, xogos, risas,etc… Logramos construir un gran grupo do que me sinto moi orgulloso.

Agora iniciades unha nova etapa da vosa vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante. Nela non ides camiñar sós, teredes o noso apoio e o dos vosos pais para que sexa igual de inesquecible que esta.

Que non se vos esquezan o diálogo, a humildade, a sinceridade, o entusiasmo e a constancia.

Permítome, chegados a este punto, darvos un consello para o voso futuro: utilizade sempre estes valores nas vosas actuacións e asegúrovos que poderedes alcanzar calquera meta que vos propoñades.

Por último, non me gustaría rematar, sen agradecer á vosa titora Marisa todo o que fixo por vós este ano. E dicirvos a vós, que sodes moi especiais, divertidos, participativos e disciplinados; calidades que fixeron que me sentise moi a gusto convosco.

Foi un pracer compartir convosco estes tres cursos, que sinceramente non esquecerei, paseimo xenial. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre, que saibades que aquí deixades un amigo, sempre disposto a escoitarvos e axudarvos.

Moitas grazas a tod@s.

Déixovos as fotos da busca do tesouro que realizamos a semana pasada como despedida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario