BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

jueves, 25 de abril de 2013

III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO


O Concello, a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal, organiza a III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que terá lugar o domingo 16 de xuño de 2013. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) cunha distancia homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA. A proba está incluída no calendario do I Circuito Provincial de Carreiras Populares da Coruña da Deputación Provincial, que xunto con Carballo inclúe aos concellos de Ribeira, Ares, Cambre, Mugardos, Ferrol, A Coruña, Santiago, Bertamiráns e Negreira. Colaboran na organización da proba a FGA, a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial de Fisioterapias de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Na III Carreira Popular "10 Km Concello de Carballo", pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1.000 inscritos, con excepción de atletas federados estranxeiros, agás os portugueses que non fosen internacionais co seu país e de todas as participacións que fosen contrarias ás disposicións da FGA. As inscricións son gratuítas e poden realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com, onde pode obterse máis información.

 O prazo para anotarse transcorre entre o martes 23 de abril e o luns 10 de xuño de 2013. 
  
 As formas e lugares de inscrición, ademais de a través de www.championchipnorte.com, son as seguintes: 
 
-Na web www.carballo.org.
-Na web da Federación Galega de Atletismo na ligazón creada ao respecto:         www.atletismogalego.com. 

-Inscrición presencial nas oficinas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubión s/n mediante solicitude con Rexistro de Entrada.

Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas, específicandose os anos de nacemento dos participantes:
  • Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05
  • Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00.
  • Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20
  • Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45
  • Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10
  • Absoluta: 1994 ata veterán / 10.000 m. / 12:00

No hay comentarios:

Publicar un comentario