BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 11 de febrero de 2012

O CEIP. A CRISTINA ESTARÁ NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS



Por primeira vez na historia do noso centro, un dos nosos atletas estará presente no próximo Campionato Galego de campo a través en idade escolar que se celebrará o vindeiro 25 de Febreiro no circuito da Azucareira en Portas( Pontevedra), posto que, Yonatan Lema, finalizou sexto no campionato Provincial celebrado esta mañá na Pobra do Caramiñal,o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.

Tampouco me quero esquecer do bo papel de Jonathan Lage na categoría alevín masculino,do quinto posto do equipo benxamín feminino no seu primeiro ano na categoría ademais e do cuarto posto do equipo infantil masculino, repetindo por segundo ano consecutivo esta posición, quedando só a tres puntos de acceder ao Campionato Galego despois dunha polémica e arbritaria decisión dos xuíces da proba, que nun primeiro momento descalificaron a un atleta do equipo que quedou en segundo lugar, para máis tarde volver a calificalo de maneira sorprendente, saltándose á torera o reglamento da proba. Quero pensar, que sí nesta decisión non  tería nada que ver que o clube afectado fose a USC( Universidade de Santiago de Compostela) e que os xuíces pertencían á delegación santiaguesa da Federación Galega de Atletismo. A bo entendedor sobran palabras!

De todas maneiras, hoxe non é un día para polemizar e sí para alegrarnos dunha xornada que marcará un antes e despois no noso centro.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo e traballo durante todos estos meses. Síntome moi orgulloso de poder aportar o meu pequeno graniño de area nesta aventura, na que vós, sodes os verdadeiros protagonistas.

GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS CAMPIÓNS!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario