BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 25 de febrero de 2012

BO PAPEL DE YONATAN LEMA NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS



No circuíto da Azucareira da localidade pontevedresa de Portas celebrouse  esta mañá o Campionato Galego Escolar de Campo a Traves, onde o atleta do noso centro Yonatan Lema, finalizou no posto 41 da xeral e no 12 da clasificación individual, resultado que se pode considerar de bo nesta primeira participación dun atleta do noso centro nun Campionato Galego.

Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente nas catro fases que se organizan na nosa comunidade.

Noraboa e grazas a tod@s @s ne@s do centro que  participaron ao longo deste curso nas distintas fases de campo a través.

No hay comentarios:

Publicar un comentario