BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 8 de febrero de 2012

ÁNIMO, E A POR TODAS CAMPIÓNS!!!


Xa só falta un día para a gran cita. Este  sábado  , no circuito da praia de Cabío, en A Pobra do Caramiñal, disputarase a fase Provicincial de A Coruña, do Campionato de Cross en Idade Escolar, onde participarán catorce atletas do noso colexio.

Por segundo ano consecutivo o noso centro estará presente neste campionato, demostrando que o traballo iniciado hai dous anos polo mestre Suso durante as sesións de educación física, e os moitos adestramentos levados a cabo durante os recreos, está dando os seus froitos.


O noso colexio estará representado a nivel individual por  Yonatan Lema e Jonathan Lage na categoría alevín masculino; e polos equipos  benxamín feminino formado por: Marta Padín, María Serra, Lucía Carro, Anabel Mira, Lucía Varela e Alicia Abelenda ; e polo infantil masculino formado por: Diego Castro, Juan Rodríguez,Álex Ures, Martín Vázquez, Xavier Chouciño e Alejandro Gómez.

Despois de cinco semanas de moito esforzo nos adestramentos  levados a cabo durante os recreos, @s nen@s chegan moi ilusionados a esta proba, na que o importante e que disfruten da experiencia competindo cos mellores atletas da provincia de A Coruña, e quen sabe, quizás obtendo algún deles a clasificación para o Campionato galego.

Tampouco me quero esquecer dos moitos nen@s do noso centro que competiron nas dúas fases anteriores e que non estarán presentes neste campionato. Hai que recoñecervos  o voso esforzo e traballo durante estos meses, e animarvos a seguir traballando, para que no ano 2013 sexamos máis os que representemos ao noso centro no campionato Provincial.

Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e compromiso durante estos meses.

Dende aquí quero felicitar aos nen@s que nos representarán   nesta fase do campionato, o cal non é doado, e animarvos a que disfrutedes o vindeiro sábado dunha bonita xornada de atletismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario