BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 28 de octubre de 2011

XOGAMOS CO ATLETISMO II

En atletismo, as carreiras de relevos ou postas son carreiras a pé para equipos de catro compoñentes ou máis, nas que un corredor percorre unha distancia determinada, logo pasa ao seguinte corredor un tubo ríxido chamado testemuña e así sucesivamente ata que se completa a distancia da carreira. O pase da testemuña débese realizar dentro dunha zona determinada de 20 metros de longo e sen que o mesmo caia ao chan.

As distancias olímpicas son 4x100 m e 4x400 m. Tamén son oficiais as de 4x200, 4x800 e 4x1500 m. En categorías inferiores, e nalgunhas probas senior, realízase a substitución sueca, onde se realizan substitucións de 100, 200, 300 e 400 metros completando un quilómetro de carreira.






RELEVO 4X100 Feminino



No hay comentarios:

Publicar un comentario