BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 16 de octubre de 2011

ACROSPORT II



 O Acrosport tamén se pode definir como un deporte Socio-motriz, onde existe sempre a presenza dun ou varios compañeir@s que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable regulado, para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas. Por tanto, trátase dun deporte eminentemente cooperativo, onde os nen@s realizan unhas habilidades motrices específicas establecidas de antemán, en busca dunha gran perfección técnica e coreográfica.

Igualmente, podemos dicir que o Acrosport, é un deporte que é practicado por nen@s con tipoloxías diferentes, xa que o corpo nesta modalidade ha de realizar dúas funcións ben diferenciadas o "portor ou base", persoa que suxeita, e o "áxil ou volteador", persoa que realiza os elementos de flexibilidade, equilibrio e combinacións encima do portor ou, grandes saltos acrobáticos (mortais simples, dobres, con piruetas, etc.)en fase aérea mediante propulsións dos portores para recepcionar de novo sobre eles ou no chan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario