BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

jueves, 27 de octubre de 2011

OS NOSOS PEQUES DISFRUTAN COS CIRCUITOS




O desenvolvemento motor atópase ligado ao pensamento xa que a través do dominio do movemento corporal favorece a relación e a comunicación que se vai a establecer co mundo que rodea á persoa.

Por medio do desenvolvemento motor preténdese conseguir a conciencia do propio corpo en todos os momentos e situacións, o dominio do equilibrio, o control e eficacia das diversas coordinacións globais e segmentarias, o control da inhibición voluntaria da respiración, a organización do esquema corporal e a orientación no espazo, unha correcta estructuración espazo-temporal, as mellores posibilidades de adaptación aos demais e ao mundo exterior e crear unha porta aberta á creatividade, á libre expresión das pulsións en ámbito imaxinario e simbólico e ao desenvolvemento libre da comunicación.

Unha maneira de traballar o desenvolvemento motor son os circuítos, nos que todo o grupo percorre un traxecto durante o cal os nen@s vanse atopando con diferentes exercicios. A saída dáse de maneira progresiva e cando acaban poden volver reinicialo varias veces. Para non fomentar o sentido competitivo entre os nen@s os circuítos son circulares, chegan no mesmo orde que saíron e vólveno a empezar.

 Pódense montar circuítos utilizando materiais como módulos de espuma, colchóns,... O tipo de exercicios pode ser moi variado: arrastrarse dentro dun túnel como unha serpe, a continuación pasar gateando dentro dun verme, facer despois volteretas adiante e atrás,etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario