BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 6 de octubre de 2011

RECOMENDACIÓNS PARA UN DESENVOLVEMENTO AXEITADO DAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA

O departamento de Educación Física deste centro, comunica aos pais  e nais dos alumn@s que é necesaria a súa colaboración para un desenvolvemento axeitado das actividades desta área.

- O chándal é imprescindible para facer exercicio físico por ser unha peza cómoda e axeitada. A marca, forma, cor... son aspectos secundarios.

- O calzado deportivo axeitado evita moitas lesións, malformacións e outros problemas. Chanclas ou zapatillas de lona fina non son adecuadas.
- Tanto o chándal coma as zapatillas deportivas deberán estar dispoñibles o día da práctica e en perfectas condicións hixiénicas.

- Teña como norma que o neno/a se duche sempre que tivese Educación Física e non lle permita poñerse de novo o chándal sen antes telo lavado. Sería recomendable ter dúas equipacións.
 
- É obrigatorio que o seu fillo/a traia a clase unha bolsa de aseo. Inclúalle nela xabón líquida e unha toalla para poder asearse ou ducharse ao final de cada clase.

- Por último, é necesario traer un xustificante (médico ou dos pais) no caso de que non poida facer Educación Física por motivos de enfermidade ou lesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario