BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

domingo, 23 de octubre de 2011

XOGAMOS CO ATLETISMO I



O atletismo, (en grego [athlos], «loita»), é un deporte que contén un conxunto de disciplinas agrupadas en carreiras, saltos, lanzamentos, probas combinadas e marcha. É a arte de superar o rendemento dos adversarios en velocidade ou en resistencia, en distancia ou en altura.

O número de probas, xa sexa individuais ou en equipo, variou co tempo e as mentalidades. O atletismo é un dos poucos deportes practicado universalmente, xa sexa no mundo afeccionado ou en moitas competicións a todos os niveis. A simplicidade e os poucos medios necesarios para a súa práctica explican en parte este éxito.

Os primeiros vestixios das competencias atléticas remóntanse ás civilizacións antigas. A disciplina foi desenvolvéndose ao longo dos séculos, desde as primeiras probas ata a súa regulamentación.

O calendario está dominado por catro tipos de eventos: reunións, reunións entre clubs, campionatos nacionais e os principais eventos internacionais. Os Xogos Olímpicos son o evento internacional máis prestixioso. Celébranse cada catro anos desde 1896 e o atletismo é a disciplina máis importante neles. Desde 1982, a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), o organismo responsable da regulación da disciplina, flexibilizou as súas normas para acabar co período amateur da disciplina. O primeiro Campionato Mundial de Atletismo organizouse en 1983 e teñen lugar cada dous anos desde 1991.



  O ESTADIO



100 m lisos - 200 m lisos      
                                             


CARREIRA DE VELOCIDADE



MARATÓN





No hay comentarios:

Publicar un comentario