BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 27 de abril de 2012

XOGAMOS E COOPERAMOS

 
A competitividade invade de tal modo a sociedade e a escola que nos programa para actuar dun xeito determinado. Así é como funciona: "Compite contra os outros; ti es mellor" Esta filosofía, tan estendida na vida cotiá, apréndese nas aulas desde as idades máis temperás e prepáranos para unha sociedade competitiva.

Os xogos cooperativos ofrecen unha alternativa de educación a esta situación. Calquera educador que pretenda ensinar a capacidade de compartir, a solidariedade, a preocupación polo ben común e o afán de cooperación, atopará nestes xogos un estupendo instrumento educativo.

Este tipo de xogos ofrece moitas ventaxas como:
  • Os alumn@s aprenden a coidarse e a compartir. Fanse conscientes de que existen outras persoas xunto a eles. 
  • A cooperación axúdalles a desenvolver confianza e autoestima. Non hai perdedores; tod@s son gañadores. 
  • Compartir algo reforza as experiencias divertidas

Co fin de mellorar a cooperación, a capacidade de compartir e a solidariedade entre os nen@s, os alumn@s de primeiro e segundo curso de Educación Primaria desenvolveron durante este mes de Abril, unha unidade didáctica onde os xogos cooperativos foron os protagonistas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario