BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 16 de abril de 2012

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO

 O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal, informa da celebración, o domingo 17 de xuño, da II Carreira Popular 10 Qm. Concello de Carballo. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) aberta para todas as idades e cunha previsión de participación estimada de arredor de mil corredores. Está prevista a celebración de carreiras para escolares e categorías inferiores. O circuíto, de 10.000 metros de lonxitude, está homologado pola Federación Española de Atletismo e a proba contará con cronometraxe por chips. A participación é totalmente gratuíta e as inscricións admítense até o luns 11 de xuño. As formas e lugares de inscrición son:

  • No enlace creado ó respecto na web : www.championchipnorte.com 
  • Presencial nas oficiñas Carballo Deporte situadas na Rúa Corcubión, s/n, mediante solicitude con Rexistro de Entrada.
Os interesados e interesadas en obter máis información, poden consultar o regulamento da proba no arquivo que aparece a continuación ou dirixirse ás oficiñas de Carballo Deporte na rúa Vila de Corcubión ou ao teléfono 981 702 109. Tamén e posible acceder á ligazón onde formalizar a inscrición na proba ou na web da Federación Galega de Atletismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario