BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 30 de abril de 2012

O COLPBOL


O colpbol é un deporte colectivo inventado en 1996-1997 polo mestre de educación física valenciano Juanjo Bendicho. Esta modalidade deportiva caracterízase polo seu enorme dinamismo e carácter integrador e igualitario, xa que todos os participantes teñen unha importancia similar e os equipos son obrigatoriamente mixtos.

O xogo ten similitudes coa pelota valenciana (xógase golpeando o balón) e con deportes modernos como o balonmán ou o fútbol sala (terreo de xogo, tamaño das porterias, número de xogadores...) e ten como regra de ouro que sempre o equipo ha de ter polo menos un rapaz e unha rapaza en cada equipo.

O Colpbol expandiuse dende a Comunidade Valenciana ao resto de España e algúns países de Sudamérica e actualmente existe unha Liga en idade escolar onde participan máis de 3000 rapaces e rapazas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario