BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 27 de abril de 2012

XOGAMOS AO FLOORBALL

O unihockey, tamén chamado floorball, é un deporte alternativo que conta cun regulamento e unhas características determinadas.

Durante a unidade didáctica  levada a cabo durante este mes de Abril cos alumn@s de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, adaptamos  este deporte e entre tod@s creamos o noso popio estilo de xogo "o floorball coeducativo ", adaptando as regras e características do unihockey ou floorball  creando desta maneira un deporte alternativo mixto, traballando deste xeito a coeducación.

O que  intento con este tipo de deportes alternativos é eliminar os estereotipos e actitudes sexistas que se atopan aínda presentes nas sesións de educación física.

No hay comentarios:

Publicar un comentario