BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 24 de abril de 2012

OS NEN@S QUE PRACTICAN DEPORTE SACAN MELLORES NOTAS



Os nen@s que practican deporte habitualmente sacan mellores notas e fan máis os deberes respecto aos alumn@s que non fan exercicio físico, segundo revelou un estudo realizado polo Observatorio de Estudos do Comportamento (OEC) de Esade en colaboración con Danone.

Tras analizar os hábitos de máis de 5.000 estudantes de entre 6 e 12 anos que acoden ás Escolas Deportivas de Danone, o estudo destaca que o exercicio físico axuda a paliar o absentismo escolar, xa que o 40% dos menores que o practican melloran o seu rendemento e presentan maior motivación por ir ao colexio, informou Esade nun comunicado.

Igualmente, practicar deporte fai diminuír a porcentaxe de nen@s aos que non lles gusta ir a clase, pasando dun 34% a un 18% deles. Ademais de sacar mellores notas, os alumns@ que realizan exercicio físico destinan menos horas a ver a televisión e "pasan menos tempo na rúa sen facer nada".
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario