BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 11 de abril de 2012

XOGAMOS AO FLOORBALL

  
O floorball ou unihoquei é un deporte de equipo, practicado en pista cuberta en todo o mundo. O obxectivo do xogo é meter unha pelota plástica na portería contraria usando un bastón lixeiro. Ambos os equipos teñen cinco xogadores e un porteiro na pista. As regras son bastante parecidas ás do hoquei sobre xeo, aínda que con algunhas diferenzas evidentes. É un xogo rápido, e é popular como un deporte competitivo así como para manter a forma física. Non existe ningunha clase de violencia neste deporte. 
O floorball ten as súas orixes en EEUU durante a segunda metade do século XX. Xurdiu como unha práctica derivada do hoquei xeo. Utilizábase nos colexios porque non era tan perigoso como o hoquei xeo ademais non facían falta patíns e pista de xeo. Rapidamente este deporte difundiuse por todo o país celebrándose en 1962 en Michigan o primeiro campionato de floorball. Difundiuse en Europa grazas a uns estudantes suecos, que o viron xogar en Holanda. A partir deste momento prodúcese o boom deste deporte sendo Francia o impulsor. En España introduciuse grazas aos colexios e institutos que incluíron este deporte na súa programación. Na actualidade pasou a chamarse Unihoquei. Pero tamén se lle chamou Plasticbandy, Softbandy, Floorbandy, Innebandy, Floorhokey, Unihoc. A nivel internacional, catro países dominaron este deporte desde a creación da IFF (Federación Internacional de Floorball) en 1986: República Checa, Suecia, Finlandia e Suíza. A competición internacional máis importante é o Campionato do Mundo, que se celebra cada dous anos: desde 1996 e nos anos pares en categoría masculina; e desde 1997 e nos anos impares en categoría feminina. Suecia proclamouse Campión do Mundo en categoría masculina na edición de 2006 celebrada en Suecia, mentres que Suíza fixo o propio en categoría feminina, no Campionato do Mundo que tivo lugar en Singapura en 2005. A popularidade do floorball vai crecendo en moitos outros países de Europa e outras partes do mundo. En 2006, a Federación Internacional de Floorball (IFF) contaba coas federacións e asociacións nacionais de 37 países.

No hay comentarios:

Publicar un comentario