BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 24 de abril de 2012

30 MINUTOS DIARIOS DE ACTIVIDADE FÍSICA ALONGA A VIDA 5 ANOS


Dúas importantes investigacións médicas concluíron que realizar 30 minutos de actividade física diaria alonga a esperanza de vida cinco anos. A Fundación Española do Corazón recomenda tamén esta medida para diminuír o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares.

Unha destas investigacións foi realizada por especialistas do Instituto Universitario Cemic (Bos Aires). Nela participaron 337 persoas maiores de 80 anos. Os resultados demostran que o 78% das persoas que realizan actividade física de forma regular alongan a vida polo menos cinco anos, fronte ao 46% de supervivencia no caso das persoas sedentarias. Por iso, os autores do estudo recomendan practicar 30 minutos de actividade física ao día, cinco veces á semana e propoñen como actividades nadar, camiñar, facer ximnasia acuática, bailar ou montar en bicicleta.

O outro traballo, levado a cabo pola Facultade de Medicina da Universidade Hebrea de Xerusalén, estudou 1.861 persoas con idades comprendidas entre os 70 e os 88 anos. O obxectivo era comparar a esperanza de vida das persoas consideradas activas (mínimo de catro horas de exercicio semanal) e das pasivas (persoas sedentarias). Neste caso, de entre as persoas maiores de 70 anos, só o 15% das consideradas activas morreron durante os oito anos posteriores, mentres que faleceron o 27% das pasivas.

http://www.munideporte.com/seccion/Actualidad/14123/30-minutos-diarios-de-actividad-fisica-alarga-la-vida-cinco-anos.html 

No hay comentarios:

Publicar un comentario