BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

jueves, 21 de febrero de 2013

VII CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE


A 7ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego e polo Concello de Camariñas, celebrarase o domingo día 3 de marzo de 2013 na localidade de CAMARIÑAS.
Realizaranse catro carreiras de acordo cos seguintes horarios e categorías:


-  10.00 horas - Categorías Xuvenil-Cadete e Infantís
-  11.00 horas – Categorías Alevín-Benxamín
-  11.30 horas -Carreira Pitufos
- 12.00 horas – Categorías Junior-Promesa, Sénior e Veteráns
 CATEGORÍAS E QUILÓMETROS PERCORRIDO:

- PITUFOS: Nen@s que naceron entre o ano 2.006 ó 2.009(400m.)

- BENXAMÍN: Nen@s que naceron nos anos 2004 e 2005 (800m.)

- ALEVÍN: Nen@s nados en 2002 e 2003 (800m.)

-INFANTIL: Nen@s nados nos anos 2000 e 2001 (3.000m.)

INSCRIPCIÓNS: Escolares (data límite o luns 25 de febreiro): a través do centro de ensino, si son da bisbarra da Costa da Morte, ou de forma individual, pero con permiso paterno (os formularios deberán cubrilos no formato orixinal Excell que deberán baixar a través da página web: www.camarinas.net/ e envialos a través do e-mail: fran.puga (arroba) camarinas.dicoruna.es.



Se o seu fillo está interesado en participar nesta proba, póñase en contacto con Suso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario