BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

sábado, 2 de febrero de 2013

A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



O equipo alevín feminino de campo a través formado por: Valeria Gómez, Sarai Lema, Paula Lorenzo, María Serra, Natalia Riveiro, Cecilia Collazo e Graciela Amarelle, proclamouse por primeira vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.

A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.

Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.

O resto dos no@s atletas estiveron a un gran nivel, deixando tod@s unha boa imaxe.

Como aspecto negativo da xornada, sinalar o sucedido na recta final da proba da categoría infantil masculino, onde o atleta do noso centro Yonatan Lema, foi empurrado claramente por outro atleta cando loitaba polo oitavo posto que lle daría a clasificación  para o campionato provincial. Despois de presentar unha reclamación  á xuíz árbitro da proba, sorprendentemente non se tivo en conta a mesma, privando ao noso corredor dunha merecida clasificación.

Desde o meu punto de vista, decisións deste tipo, non favorecen para nada os valores que se lle supón a este tipo de competicións a nivel escolar, xa que, o espirítu deportivo queda totalmente desvirtuado.

NORABOA A TOD@S POLO VOSO ESFORZO!!!


Relación de atletas clasificados para o Campionato Provincial

Benxamín feminino ( 3ºcurso)
     Lucía Carro Rodríguez.
    Benxamín masculino ( 3ºcurso)
David Pandelo Gómez.
Alevín feminino (4º e 5º curso)
    Sarai Lema Fernández.
 María Serra Álvarez.
            Graciela Amarelle Fernández
                           Valeria Gómez Álvarez.                     
       Paula Lorenzo Rodríguez.
Cecilia Collazo Noya
Natalia Riveiro Rojo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario