BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

sábado, 16 de febrero de 2013

" EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES "



O  noso centro contará durante esta semana, cunha exposición itinerante sobre a" Educación, Deporte e Valores". Consta de dezasete paneis despregables e estará aberta no corredor principal do centro, a todo o colectivo escolar.

O deporte ten de seu valores como o traballo en equipo, o respecto polo compañeiro, a delegación de tarefas, a corresponsabilidade, o esforzo en conseguir un obxectivo común, o fomento da superación persoal..., valores todos eles que poden ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal e profesional dos nen@s.

Esta actividade, intenta ser un mecanismo de educación a través do deporte  e unha oportunidade para educar mentres se promove o gusto pola práctica de actividade física e se persegue a creación de hábitos saudables nos moz@s.


Aproveitarei as sesións  de educación física  para que todo o alumnado  do centro a visite e reflexione sobre a importancia de determinados valores do deporte    como : NOBREZA, TOLERANCIA, INTEGRACIÓN, XOGO LIMPO, SAÚDE, DIVERSIÓN...

Estades tod@s invitad@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario