BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

sábado, 16 de febrero de 2013

VALERIA GÓMEZ CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS



Valeria Gómez clasificouse para disputar o Campionato Galego escolar de campo a través , ao finalizar oitava na Fase Provincial disputada na mañá de hoxe, no circuíto de Acea da Ma( Culleredo)

Por segunda tempada consecutiva, un atleta do noso colexio representaranos no Campionato Galego, que se celebrará en Guitiriz(Lugo), o próximo sábado 23 de Febreiro.

Tamén hai que destacar o 6º posto do equipo alevín feminino, e o bo papel de Lucía Carro e David Pandelo na categoría benxamín.




Noraboa a tod@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario