BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

domingo, 3 de febrero de 2013

ÁNIMO YONATAN!!!

Agardo que o que estou escribindo, poda axudarte dalgunha maneira a que te animes e non decaigas no teu empeño de superarte día a día. Xa sei que o que pasou na proba de onte foi moi inxusto, e ti, non eres merecedor de tal inxustiza, pero ás veces, a vida é así e intenta poñernos a proba. Quero que saibas que me sinto moi orgulloso do teu comportamento, do teu saber estar a pesar da inxustiza.
Para min o máis importante foi comprobar que tes asimilados os valores deportivos que intento inculcarvos  nas clases de educación física, onde priman a nobreza e que non todo vale para poder gañar.
Non deixes de loitar polos teus sonos e non esquezas que somos moitos os que confiamos en ti.
Ánimo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario