BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

lunes, 4 de febrero de 2013

INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS




O sábado 16 de Febreiro celebrarase no circuito do parque deportivo de Acea da Ma (Culleredo) o Campionato Provincial de campo a través en idade escolar, onde participarán nove atletas do noso centro.

Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será  ás 9.20 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños- Hiper Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo sobre as  14.15 ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

10.45– Retirada de dorsais

Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
11.15
Benxamín fem.
   2º e 3º E.P
700m
SAÍDA  + CIRCUITO AMARELO
11.30
Benxamín mas.
   2º e 3º E.P
700m
SAÍDA  + CIRCUITO AMARELO
11.45
Alevín fem.
  4º e 5º E.P
1200m
SAÍDA  + CIRCUITO AMARELO+ CIRCUITO LARANXA

No hay comentarios:

Publicar un comentario