BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

miércoles, 30 de noviembre de 2011

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS




De sobresaínte pódese calificar a actuación dos nos@s atletas na Fase Local de campo a través disputada esta mañá no circuito permanente do Polígono Industrial de Bértoa.

Á alta participación dos nen@s do noso colexio ( 89 ), hai que unir a consecución de medallas en todas as categorías nas que participaban (sete en total), unha máis que o ano pasado, o que vén a demostrar, que a cantidade non está reñida coa calidade.

Na categoría benxamín  Marta Padín obtivo a medalla de bronce e Andrés Lage a medalla de plata. Na categoría alevín as  medallas de ouro foron para Valeria Gómez e Jonathan Lema, e a plata para Yonatan Lage. Na categoría infantil  Noelia Riveiro  obtivo a medalla de plata e Diego Castro a de bronce.

A CONTINUACIÓN PODEDES VER  O PODIUM DE TODAS AS CATEGORÍAS:


  • Infantil Masculino:

    • 1º Eloy Ferreiro, IES Parga Pondal
    • 2º Cristian Laxe, IES Parga Pondal
    • 3º Diego Castro, CEIP A Cristina

  • Infantil Feminino:

    • 1º Valeria Gómez, IES Parga Pondal
    • 2º Noelia Riveiro, CEIP A Cristina
    • 3º Ainoa Fernández, IES Parga Pondal

  • Alevín Masculino:

    • 1º Jonatan Lema, CEIP A Cristina
    • 2º Jonatan Lage, CEIP A Cristina
    • 3º Iván Iglesias, CEIP Bergantiños

  • Alevín Feminino:

    • 1º Valeria Gómez, CEIP A Cristina
    • 2º Paloma Sueiro, Colexio Artai
    • 3º Ana García, CEIP Fogar

  • Benxamín Masculino:

    • 1º Borja Martínez, CEIP Xesús San Luis Romero
    • 2º Andrés Lage, CEIP A Cristina
    • 3º Iker Rey, CEIP Bergantiños

  • Benxamín Feminino:



    • 1º Nerea González, CEIP Bergantiños
    • 2º Mara Fernández, Colexio Artai
    • 3º Marta Padín, CEIP A Cristina
    A todo isto hai que unirlle que na maioría das categorías clasificáronse moitos nen@s entre os dez primeiros, polo que agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións, fainos pensar, que serán moitos os nen@s  que se clasifiquen para a Fase Intercomarcal, tanto a nivel individual como por equipos.

    Tamén hai que destacar que os nen@s estiveron acompañados en todo momento  por unha afección que non deixou  de animar e que todos os que estivemos alí agradecemos.

    Tampouco me quero esquecer dos alumn@s de 1º e 2º de E.Primaria, que elaboraron unha pancarta que foi un talismán para o que máis tarde aconteceu na competición.

    Desde aquí quero agradecer a toda a comunidade educativa do colexio o seu apoio, e darlle a noraboa a tod@s os nen@s polo seu esforzo.


    CANDO A FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO NOS FACILITE AS CLASIFICACIÓNS, PODEREDES CONSULTALAS NO BLOG

    1 comentario: