BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 21 de noviembre de 2011

INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS




O vindeiro 30 de Novembro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán os  alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horaro habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses  acompañados polo  mestre de educación física.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

Hora
Categoría
Curso
Distancia aprox.
10.45
Infantil mas.
6º E.P
1.200 m
11.00
Infantil fem.
6º E.P
800 m
11.15
Alevín mas.
4º e 5º E.P
800 m
11.30
Alevín fem.
4º e 5º E.P
600 m
11.45
Benxamín mas.
2º e 3º E.P
500 m
12.00
Benxamín fem.
2º e 3º E.P
500 m











RECOMENDACIÓNS :

·    Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

·    Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.

·    Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro intentará facilitarlles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).

·   Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.

·    Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.

·   Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.

·    Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre titular do departamento de educación física do centro)

·    De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Luns 28 de Novembro a autorización que levaron os seus fill@s para casa.

Jesús Manuel Pena Núñez
(Departamento de Educación Física)

2 comentarios:

  1. O que levas ensinando durante estos anos a todos os rapaces que van pasando curso tras curso, con gran esforzo, e sobre todo recoñecemento profesional xa dende que foches unha figura moi importante no mundo do deporte en Carballo, e sigues sendo, día tras día. É un orgullo enorme que formes parte da educación física de todos os nosos fillos. Noraboa, Suso

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas túas palabras.

    ResponderEliminar