BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 5 de diciembre de 2011

QUE AVALIAR NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA?



O xogo como actividade de ensino-aprendizaxe presenta uns valores claros e recoñecidos. Eses mesmos valores son os que nos levan a expoñelo como unha ferramenta eficaz para avaliar aos nosos alumn@s. Os métodos evaluativos clásicos obviaron algúns campos ou ámbitos a considerar, especialmente os dominios cognoscitivos e afectivo-sociais. A través do xogo podemos valorar estes campos ao mesmo tempo que facemos máis agradable e menos traumática a avaliación ao alumnado.

Todo proceso de ensino-aprendizaxe necesita ser avaliado para constatar a súa utilidade e a súa adecuación ou non aos obxectivos que persegue.

En Educación Física, tradicionalmente, avaliouse o produto; é dicir, o nivel alcanzado respecto das capacidades dos alumn@s, deixando de lado o proceso, a progresión seguida.

Hoxe día valóranse outros aspectos ata agora non cuestionados nin observados dentro da área de Educación Física. Como podemos ver estamos a falar dunha avaliación cualitativa fronte a un modelo cuantitativo.

Non se pretende quitar valor ás escalas, tests, probas físicas... utilizadas na avaliación cuantitativa, pero pódese considerar que con este modelo non se abarcan todos os aspectos a tratar á hora de avaliar a un alumno/a; estamos a referirnos aos campos cognitivos, motor e afectivo-social.

Polo dito con anterioridade, e tendo en conta que a etapa educativa que estamos a tratar persegue, entre outros obxectivos e dentro da área de Educación Física, sentar as bases para futuras aprendizaxes, a avaliación cuantitativa non parece ter a validez que tería noutros campos relacionados coa actividade física, como o deporte e a condición física a determinados niveis.

Os criterios de avaliación, para a área de Educación Física versan sobre:

A creatividade no desenvolvemento da actividade física.
- A coordinación dinámica do propio corpo.
- A adecuación respecto de factores externos.
- As competencias físicas básicas.
- A expresión corporal.
- A concienciación dos efectos da actividade física.
- O desenvolvemento das actitudes sociais.

Como se pode ver suprímese a idea de avaliación nun momento puntual ao longo da intervención educativa, e a do exame ou proba como único instrumento para realizala. Trátase dunha avaliación cuio obxectivo sería verificar as adquisicións do alumno/a mediante a medición e observación sistemática, para iso empregaranse probas construídas en función das actividades e características dos alumnos/as.

Dentro dos instrumentos de avaliación que podemos utilizar propoño valernos dos xogos para realizala. Mediante o xogo pódese avaliar ao alumno/a na actividades que adoita realizar e practicou, sendo, por tanto, máis habituais neles. O xogo é unha actividade intrinsecamente motivadora e por conseguinte facilita o achegamento natural á práctica normalizada do exercicio físico.

Ao mesmo tempo que os nosos alumnos/as xogan, os educadores podemos valorar, non só a capacidade sobre a que estamos a realizar a avaliación, senón tamén outros factores como quen son os líderes do grupo, grao de participación do alumnado no xogo, os agrupamientos que se realizan, a aceptación ou non das regras...

Como conclusión pódese dicir que a avaliación cualitativa, ao contrario que a cuantitativa, non persegue a valoración do resultado final; non consiste en tomar datos e comparalos coa norma establecida; persegue formar ao alumnado, servir como referente para adecuar as programacións ao mesmo, axudando ao alumno/á observar a progresión alcanzada durante o proceso de ensino-aprendizaxe.

Como é lóxico non considero que o xogo sexa o único medio para avaliar ao alumn@, pero debemos ter en conta que é unha ferramenta válida para observar o desenvolvemento físico e psicomotor, ao mesmo tempo que o intelectual, verbal, socio-afectivo e ético dos mesmos.

Por todo o exposto, considero o xogo como unha das bases para a programación das sesións de Educación Física en Primaria, sendo de gran utilidade para alcanzar os obxectivos que nos propoñemos e, ao mesmo tempo, como medio para avaliar aos nosos alumnos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario