BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 13 de diciembre de 2011

TRINTA E CINCO NEN@S DO NOSO COLEXIO CLASIFICÁRONSE PARA A FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS



Un total de trinta e cinco nen@s do noso centro clasificáronse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará na Coruña o 28 de Xaneiro do vindeiro ano 2012.

Se xa foi un éxito a participación na fase Local disputada en Carballo o pasado 30 de Novembro;as sete medallas acadadas e a clasificación de 35 atletas( 12 a nivel individual e cinco dos nosos equipos) para a seguinte Fase, ven a demostrar que o traballo desenvolvido polos nen@s nas clases de eduacción física e nos recreos dou os seu froitos.
Podedes consultar asl clasificacións por equipos e individuais no seguinte enlace:


No hay comentarios:

Publicar un comentario