De sobresaínte pódese calificar a actuación dos nos@s atletas na Fase Local de campo a través disputada esta mañá no circuito permanente do Polígono Industrial de Bértoa.
Á alta participación dos nen@s do noso colexio ( 89 ), hai que unir a consecución de medallas en todas as categorías nas que participaban (sete en total), unha máis que o ano pasado, o que vén a demostrar, que a cantidade non está reñida coa calidade.
Na categoría benxamín Marta Padín obtivo a medalla de bronce e Andrés Lage a medalla de plata. Na categoría alevín as medallas de ouro foron para Valeria Gómez e Jonathan Lema, e a plata para Yonatan Lage. Na categoría infantil Noelia Riveiro obtivo a medalla de plata e Diego Castro a de bronce.
A CONTINUACIÓN PODEDES VER O PODIUM DE TODAS AS CATEGORÍAS:
- 1º Eloy Ferreiro, IES Parga Pondal
- 2º Cristian Laxe, IES Parga Pondal
- 3º Diego Castro, CEIP A Cristina
- 1º Valeria Gómez, IES Parga Pondal
- 2º Noelia Riveiro, CEIP A Cristina
- 3º Ainoa Fernández, IES Parga Pondal
- 1º Jonatan Lema, CEIP A Cristina
- 2º Jonatan Lage, CEIP A Cristina
- 3º Iván Iglesias, CEIP Bergantiños
- 1º Valeria Gómez, CEIP A Cristina
- 2º Paloma Sueiro, Colexio Artai
- 3º Ana García, CEIP Fogar
- 1º Borja Martínez, CEIP Xesús San Luis Romero
- 2º Andrés Lage, CEIP A Cristina
- 3º Iker Rey, CEIP Bergantiños
- 1º Nerea González, CEIP Bergantiños
- 2º Mara Fernández, Colexio Artai
- 3º Marta Padín, CEIP A Cristina
Tamén hai que destacar que os nen@s estiveron acompañados en todo momento por unha afección que non deixou de animar e que todos os que estivemos alí agradecemos.
Tampouco me quero esquecer dos alumn@s de 1º e 2º de E.Primaria, que elaboraron unha pancarta que foi un talismán para o que máis tarde aconteceu na competición.
Desde aquí quero agradecer a toda a comunidade educativa do colexio o seu apoio, e darlle a noraboa a tod@s os nen@s polo seu esforzo.
Moitas grazas e Noraboa a tod@s!
ARTIGO RELACIONADO EN LA VOZ DE GALICIA
Oito centros de ensino participaron na Carreira da fase local de Campo a través no Parque empresarial de Bértoa
ARTIGO RELACIONADO EN LA VOZ DE GALICIA
Oito centros de ensino participaron na Carreira da fase local de Campo a través no Parque empresarial de Bértoa
CANDO A FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO NOS FACILITE AS CLASIFICACIÓNS, PODEREDES CONSULTALAS NO BLOG