BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 13 de enero de 2020

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O próximo sábado 18 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán trinta e catro alumnos/as do noso centro.
Os nenos/as  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  13 e as 13.30 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Moita sorte a todos/as! 


2 comentarios: