Mateo e Xurxo proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso de E. Primaria do X Torneo de Bádminton da Cristina , que se celebrou nos recreos deste último trimestre do curso.
Na final de quinto curso, Mateo gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-13 e 21-19).
En sexto curso, Xurxo logrou a victoria por dous sets a un ante Manuel (21-14,18-21 e 21-17).
Ao final dos partidos, os finalistas recibiron sendos trofeos, e o resto dos participantes de cada curso unha medalla de recordo.
Noraboa a tod@s!



