BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 26 de noviembre de 2018

PDC.FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2018


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 96 atletas do noso centro e 18 equipos , os que participarán o vindeiro venres 30 de novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!

1 comentario: