BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

martes, 22 de enero de 2013

NOVO APRAZAMENTO DA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia e do Patronato Deportivo Municipal de Carballo, debido ás previsións de alertas polas inclemencias do tempo previsto para mañá, suspéndese a Fase Local de campo a través de Carballo, prevista para o mércores día 23 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o vindeiro MARTES DÍA 29 DE XANEIRO, mantendo os mesmos horarios e circuíto.

Tamén se  apraza a FASE INTERCOMARCAL programada para o sábado 26 de xaneiro, e desenvolverase   o vindeiro SÁBADO DÍA 2 DE FEBREIRO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario