BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

martes, 8 de enero de 2013

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2013

O vindeiro 18 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 69 alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horaro habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses acompañados polo mestre de educación física.


Os horarios orientativos das probas son os seguintes:




Hora

Categoría

Curso

Distancia aprox.

10.45

Infantil mas.

6º E.P

1.200 m

11.00

Infantil fem.

6º E.P

800 m

11.15

Alevín mas.

4º e 5º E.P

800 m

11.30

Alevín fem.

4º e 5º E.P

600 m

11.45

Benxamín mas.

2º e 3º E.P

500 m

12.00

Benxamín fem.

2º e 3º E.P

500 m












RECOMEDACIÓNS PARA OS NEN@S E AS FAMILIAS:

Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetíns( un par de zapatillas deportivas e calcetíns para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.


Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro intentará facilitarlles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).


Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.


Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.


Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.


Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)



No hay comentarios:

Publicar un comentario