O noso centro participará por segundo curso consecutivo na milla diaria, unha modalidade dentro do PVAD( Proxecto de Vida Activa e Deportiva) que pretende fomentar entre o noso alumnado un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física.
A actividade consiste en realizar un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres.
O obxectivo final será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.
Trátase de que sexa una actividade atractiva para todos/as, e que nos aporte beneficios para a nosa saúde.


Paréceme estupendo! 🙌👏🏼👏🏼👏🏼
ResponderEliminarMoi ben..
ResponderEliminar