BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

domingo, 27 de enero de 2019

PDC. A CRISTINA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Por oitavo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro venres 22  de Febreiro, no circuito de localidade coruñesa de Noia.

Tirso Ramos, alumno de 3º de E.Primaria, acadaou o segundo posto  na categoría benxamín masculino, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial.

O resto dos nenos/as que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 5º posto dos equipos benxamín masculino e infantil feminino( 1º clasificado centros educativos).

Debido a que por motivos persoais non puiden estar presente neste Campionato,quero aproveitar esta entrada, para darlle as grazas ás profes Manuela e Nerea , por acompañar aos nenos/as durante a proba e polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de onte. Moitas grazas!


Tamén agradecer aos nenos/as o seu esforzo e comportamento, e as familias,a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a todos/as!

 FOTO DE GRUPO DOS NOSOS/AS ATLETAS
 TIRSO RAMOS ACADOU A MEDALLA DE PRATA

CLASIFICACIÓNS CAMPIONATO INTERCOMARCAL 2019

O número de clasificados/as para o Campionato Provincial pode verse incrementado en outros sete nenos/as, xa que, agardando a que Deporte Escolar nos facilite as  clasificacións dos centros educativos, o equipo infantil feminino e Guillermo Pastoriza teñen moitas posibilidades de acadar dita clasificación.

1 comentario: