BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

jueves, 10 de mayo de 2018

PDC.FINAL FEMININA DO IV TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

  Saray e Alexandra cos seus trofeos

Saray Rodríguez proclamouse campiona da final femenina do IV Torneo de Bádminton da Cristina, que disputaron os alumn@s de 5º e 6º curso.

Nun emocionante partido, cunha brilante Alexandra Esmoris como contrincante,gañou por dous sets a cero( 22-20 e 21-12).

Ao final do partido, as dúas finalistas recibiron os seus trofeos.

Con este partido, finaliza o IV Campionato de Bádminton do Ceip.A Cristina, no cal, todos os nen@s, amosaron un gran nivel.

Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e compromiso!





Cadro cos resultados do torneo

1 comentario:

  1. Noraboa de novo!!
    Da gusto velas!!!
    Todo esforzo leva a sua recompensa!!!
    👏👏

    ResponderEliminar