BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 22 de noviembre de 2017

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS


Disfrutamos movéndonos, súmase á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero. A inicitiva que leva por lema En negro contra as violencias pretende desenvolver unha serie de medidas entre as que destacan:
  • Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas.
  • Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
  • Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario