BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 21 de junio de 2017

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA

Ola a tod@s!

Para min non é nada fácil despedirme de vós,xa que, foron seis cursos moi intensos, onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumn@s, pero sobre todo, como persoas.

 Chegou o momento, chegou a despedida. É o momento de que emprendades unha nova etapa que  desexo que sexa proveitosa, ÁNIMO! ADIANTE! como di a canción...

                                        Adiante polos soños que aínda nos quedan,
                                       adiante por aqueles que están por vir
                                      Adiante porque non importa a meta,
                                         o destino é a promesa de seguir.


Deséxovos moita sorte na vosa vida, moita felicidade e tamén moita confianza en vós mesmos...

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!!!!


Ata pronto!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario