BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 30 de noviembre de 2016

PDC.DESTACADO PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS


Un ano máis,  os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

O noso centro estivo representado por 78 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro de Guillermo Pastoriza;as  medallas de prata de José Manuel Negreira e Adrián Varela; e a medalla de bronce de Uxía Pereira.   


A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de Xaneiro no Parque de Acea da Ma de Culleredo( A Coruña).
  
Debido a que por motivos de saúde non puiden estar presente nesta Fase Local,quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas ao equipo directivo  do centro, titores, especialistas;e en especial,a Mónica,Rebeca,Daniel e Chus, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!

Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nen@s, e do apoio incondicional de tódolos pais e nais dos rapaces.Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario