BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

miércoles, 19 de marzo de 2014

O FLOORBALL

Dentro do proxecto curricular inclúo o Floorball, que ao igual que o bádminton, está a cabalo entre os deportes colectivos e os novos deportes ou deportes altrernativos,  posto que nos permite seguir cumprindo moitos dos obxectivos que pretende a área de Educación Física en Primaria. A competencia social e cidadán desenvolvese normalmente na práctica dos deportes de oposición. 

Hai que ter en conta, que ao ser un deporte recente, ao igual co bádminton, o nivel de tódol@s alumn@s é similar e non existen as difernzas motrices iniciais que se dan na aprendizaxe e na páctica dos deportes, desenvolvidos nos anteriores cursos e unidades didácticas, o fútbol-sala, o baloncesto, balonmán e o voleibol, o que mellora a autoestima, pois tod@s progresan ao mesmo tempo, incidindo notablemente na competencia en autonomía e iniciativa persoal. 

A práctica do propio xogo deportivo será o principal método de aprendizaxe, posto que o obxecto e o medio compleméntanse. Os cambios de escenarios, as novas prácticas deportivas,etc...inflúen na competencia no coñecemento e interacción no mundo físico. A nova nomenclatura permite á competencia en comunicación lingüística mellorar.

Nas seguintes fotografías, podedes observar aos alum@s de 6º curso de E.Primaria, coñecendo este novo deporte.

3 comentarios:

  1. Fai moito tempo que teño unha dúbida con este deporte (eu nunca o practiquei) Non se pode darlle á bola tumbado no chan?, sentado no chan?, nin tumbado nin sentado, sólo se lle pode dar de pé?

    ResponderEliminar
  2. Ola!
    O regramento do floorball ou unihoquei é moi parecido ao do hoquei xeo ou hoquei en patins, onde se comete falta cando un xogador@ de pista para ou xoga a bóla sentado, tumbado, coas mans, brazos ou cabeza.
    Hai regramentos dalgunhas competicións que permiten xogar a bóla co stick se só apoias un xeonllo no chan, se apoias os dous considerase falta.
    Agardo que che aclarara as túas dúbidas.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Aclarado, sobretodo co apunte dos xeonllos. Grazas!

    ResponderEliminar