BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

viernes, 17 de enero de 2014

DESTACADO PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis, @s atletas do noso colexio destacaron na Fase Local de campo a través, celebrada na mañá de hoxe, no campo de fútbol das Eiroas.

O noso centro estivo representado por 62 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tod@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro de Lucía Carro; as medallas de prata de Andrés Lage e José Manuel Negreira e a medalla de bronce de María Serra. 

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro 1 de Febreiro no Parque de Acea da Ma de Culleredo( A Coruña).

No hay comentarios:

Publicar un comentario