BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 11 de septiembre de 2012

PRESENTACIÓN DO NOVO CURSO 2012-2013





Estimad@s pais/nais:

A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.

O ensino da Educación Física vai ir orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización construtiva do ocio.

Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:

1) Os  días que  teñan educación física, os vosos fillos/as deberán traer unha vestimenta axeitada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.

2) Os alumnos/as deberán traer unha botella de auga pequena e unha bolsa de aseo con polo menos: toalla pequena, peite ou cepillo e unha camiseta os meses de máis calor (opcional en primeiro e segundo), desta forma fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados,enfriamientos, gripe...

3) Aqueles alumn@s con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de ter algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de educación física.

A avaliación deste área baséase en:

- Actitude na clase (comportamento, pautas de educación e participación)
- Aptitude psicomotriz (nivel físico e madurativo alcanzado nos diferentes contidos).


O blog de educación física do centro" Disfrutamos movéndonos" seguirá sendo unha ferramenta máis de traballo nas nosas clases de educación física.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario