BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 22 de septiembre de 2025

PVAD. COÑECE O MEU CLUB: BALONMÁN XIRIA.

 


Un curso máis,contamos esta semana no noso centro, coa presenza dos  adestradores das Escolas Balonmán Xiria que están  facendo unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Moitas grazas  por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.







martes, 16 de septiembre de 2025

PVAD. A MILLA DIARIA

O noso centro participará por segundo curso consecutivo  na milla diaria, unha modalidade dentro do PVAD( Proxecto de Vida Activa e Deportiva)  que pretende fomentar entre o noso alumnado un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física.

A actividade consiste en realizar un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres. 

O obxectivo final será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.

Trátase de que sexa una actividade atractiva para todos/as,  e que nos aporte beneficios para a nosa saúde.


viernes, 5 de septiembre de 2025


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2025-2026, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o próximo luns día 8, para desfrutar movéndonos.

Ata moi pronto!

viernes, 20 de junio de 2025

BO VERÁN A TODOS/AS!

 

Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog, en especial, ao alumnado de 6º de Educación Primaria que remata a súa etapa no noso centro.

Vémonos de novo o 8 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

miércoles, 21 de mayo de 2025

PVAD. APRENDENDO SURFING NA PRAIA 2025

A semana pasada comezaron na praia de Razo as actividades de surf na praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing". 

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de quinto de E.Primaria que participou ao longo de toda a mañá nunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

Mañá os alumnos/as de 6º de Educación Primaria rematarán as actividades do proxecto levadas a cabo durante este   curso.

jueves, 15 de mayo de 2025

PVAD.VIII CARREIRA POLA LINGUA

 Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VIII Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.

lunes, 12 de mayo de 2025

10 k DE CARBALLO 2025


 

O domingo 1 de Xuño celebrase a 10 K de Carballo. Se estás interesado/a en participar, tes ata o mércores 28 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace.

INSCRICIÓN