BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 14 de noviembre de 2016

PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PLAN PROXECTA DO CURSO 2016/2017


O noso cenro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

 O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

viernes, 11 de noviembre de 2016

" CONTRA OS ELEMENTOS"

"Contra os elementos" é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas,  reivindicar a proxección deportiva das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

O título do documental refírese directamente por un lado á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte e por outro é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.
 
LUME
 
 
AUGA
 
 
 TERRA
 
 
AIRE
 

FUTURO


miércoles, 9 de noviembre de 2016

PDC.FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


O vindeiro mércores 30 de Novembro, celebrarase no circuíto do Polígono Industrial de Carballo( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan), a Fase Local de Campo a través escolar, onde participará unha nutrida representación de alumnos/as do noso centro.

A principios da semana que vén, os nenos/as que xa se inscribiron, recibirán unha nota informativa, onde explicarásevos todos os detalles da citada proba.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

PDC.XOGOS TRADICIONAIS NO MAGOSTO

Aproveitando que o pasado venres celebramos  o Magosto no noso centro, os alumn@s de 5º e 6º curso de E.Primaria,  disfrutaron despois de comer as castañas, cunha serie de xogos tradicionais como: as bólas, a corda, os zancos, os trompos e o aro guía.


lunes, 26 de septiembre de 2016

PDC.COÑECE O MEU CLUB. DISFRUTAMOS DO JUDO

Durante a mañá de hoxe, os alumnos de 2º,3º e 4º de E.Primaria, disfrutaron dunhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, impartidas polo adestrador Nico.
  
Dende o centro, quero darlles as grazas a Nico e a David Anido( adestradores do Judo club Bergantiños) por adicarnos parte do seu tempo a coñecer esta  disciplina deportiva.

Moitas grazas. 

 







jueves, 22 de septiembre de 2016

PDC.SESIÓNS LÚDICAS DE INICIACIÓN AO JUDO

O vindeiro luns,o Judo Club Bergantiños,imparti no noso centro unhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, facendo unha presentación do seu deporte, e explicando o funcionamento do seu  club (localización, horarios de adestramento, competicións...) e invitando aos nenos e nenas  a compartir un dos seus adestramentos.

Con esta actividade o que pretendemos  por un lado, e que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro,  facilitar aos nenos e nenas do noso centro, o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles no concello de Carballo, ofrecéndolles  unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio, fomentando a práctica de actividade física dos nosos escolares,colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos.

domingo, 11 de septiembre de 2016

PRESENTACIÓN DA ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2016/2017


A área de Educación Física está encamiñada a conseguir o desenvolvemento persoal e unha mellor calidade de vida dos vosos fillos/as.
O ensino da Educación Física vai  orientado ao coidado do corpo, da saúde, da mellora corporal e da utilización constructiva do lecer.
Para conseguir unha eficaz aprendizaxe, pediríavos que colaborásedes nos seguintes puntos:

1) Os días que teñan clase de educación física, os vosos fillos/as deben traer:

·        Unha vestimenta axeitada (chándal ou roupa deportiva e zapatillas de deporte) para evitar posibles lesións.

·    Unha bolsa de aseo con : toalla pequena, xabrón, peite ou cepillo, e unha camiseta para cambiarse despois das sesións (opcional en 1º e 2º curso)

·         Unha botella pequena de auga para hidratarse.

Desta maneira fomentaremos o coidado hixiénico dos nosos escolares, ademais de evitar posibles resfriados, etc ...

2)  Aqueles alumnos/as con problemas físicos dalgún tipo deben notificalo, a efectos de recibir unha Educación Física acorde ás súas posibilidades. No caso de que teñan algunha certificación ou informe médico, remitir unha copia ao mestre de Educación Física.

Os alumnos/as exentos da materia de educación física, deberán presentar un certificado médico oficial, no que conste se a exención é total ou parcial. Neste último caso ,deberá constar no    certificado, os exercicios que o alumno/a pode facer e os que non pode realizar.

Estar exento quere dicir, que non realizarán a parte práctica das clases de educación física, pero deben estar presentes na clase.

Os alumnos exentos da materia en cada avaliación, terán que presentar un traballo monográfico sobre temas que se traten na materia. Ademais se se cre necesario, poderáselles realizar unha proba teórica, oral ou escrita, sobre os contidos do traballo e o desenvolvemento das sesións.

3) Os criterios de avaliación que se van a empregar á hora de valorar ao alumno/a incidirán en tres aspectos:

  • A actitude ante a materia e os hábitos de hixiene, que se medirán a través da observación directa do alumn@ (60% da nota en primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso; 50% en quinto e sexto curso)
  Esta puntuación fai referencia a:


1. Participación activa na  clase.
2. Respecto aos compañeiros/as e ao mestre
3. Colaboración e cooperación.
4. Coidado do material do ximnasio.
5. Uso correcto e coidado dos vestiarios.


6. Utilización do material de aseo

  • A aptitude física do alumno/a que se medirá a través da observación directa dos exercicios realizados ao longo das clases, e a través das diferentes probas que se realizarán (30% da nota en primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso; 40% en quinto e sexto curso)

  • A asistencia suporá un 10 % da nota global de cada avaliación.

1. As faltas sen xustificar e as faltas de puntualidade, implicarán unha baixada na calificación final de cada avaliación.



2. Máis de 4 faltas xustificadas por enfermidade ou lesión, suporán a exención da parte que non viu nesa avaliación e a realización dunha proba teórica ou dun traballo sobre os contidos da asignatura para poder calificar ao alumno/a.



3. Os xustificantes débense traer na axenda escolar, asinados polos pais ou titor do alumno/a. Sempre que sexa por enfermidade deben ir acompañados dun xustificante médico. Se a enfermidade ou lesión do alumno/a vai impedir que realice as clases durante máis dun mes, deberase traer un certificado médico oficial.



4. OS XUSTIFICANTES ENTREGARANSE AO MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA.



Moitas grazas pola súa colaboración.

Asdo. Jesús Manuel Pena Núñez