"Contra os elementos" é un documental que pretende
visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a
realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva
das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base,
axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da
práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades,
rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.
O título do documental refírese directamente por
un lado á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a
superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder
practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte e por outro é unha
alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se
desenvolven as distintas prácticas deportivas.
LUME
AUGA
TERRA
AIRE
FUTURO
No hay comentarios:
Publicar un comentario